O Club Cultural Valle-Inclán, recollendo o desexo e suxestións de moitas persoas e entidades lucenses, organiza un ciclo de conferencias en lembranza de Benxamín Casal Vila, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, economista, político e escritor falecido en 2013, polo activo papel que desempeñou na sociedade lucense, en parte precisamente desde a presidencia do mesmo C.C. Valle-Inclán, reflexionando e chamando a atención sobre múltiples aspectos e facetas da economía galega, maiormente a de ámbito agrario e gandeiro, así como a súa incidencia na conformación e organización do territorio, sobre todo rural, de Galicia
Coa intención de tratar de xeito sistemático e científico os temas propostos, pero considerando así mesmo a necesidade de que os coñecementos expostos no dito ciclo cheguen ao común da sociedade e esta os poida debater e mesmo contribuír á solución dos problemas constatados, proponse o seguinte programa:
• Martes 28 de outubro: “Benxamín Casal: Un alento renovador na agricultura galega” por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Catedrático Emérito da Universidade de Santiago. Membro numerario da R.A.G.
• Xoves 30 de outubro:“Galicia potencial paraíso ecolóxico” por Ernesto Sánchez Salgado. Enxeñeiro Técnico Agrícola. Director Técnico do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
• Martes 4 de novembro: “Os soutos de castiñeiros” por Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes pola Universidade Politécnica de Madrid.
• Mércores 5 de novembro: “A calidade e a industrialización agroalimentaria en Galicia” por José Mouriño Cuba. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Enxeñeiro Técnico Agrícola.
20,00 Horas