As Comisións de Normalización Lingüística do Campus de Lugo-USC e o Club Cultural Valle-Inclán proxectan Encallados de Alfonso Zarauza.
Tras a proxección desenvolverase un coloquio baixo o lema As crises que nos afunden para repasar as distintas facetas da crise. Ou como ademais da crise económica, e moi en relación con ela, asistimos a unha crise ecolóxica, de actividades culturais, etc. Para iso contaremos co profesor de Economía Aplicada da USC Bernardo Valdés.
Asistirá á presentación e participará no coloquio Xoán Mariño, Licenciado en Dereito, con estudios en ciencias Políticas e Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA - Universidade de A Coruña e Escola de Medios de Comunicación La Voz de Galicia). Administrador legal da Sociedade MrMisto Films. Na súa carreira profesional ten desenvolvido tarefas de produtor en máis de cen proxectos audiovisuais. Dirixe o festival creativo de curtas "O FESTIVALÓN".