Terra Chá. 10:00:00
Iniciamos o programa de viaxes do ano cunha nova visita á Terra Chá. Nesta ocasión para render homenaxe a dous grandes amigos do C.C. Valle-Inclán como foron o escritor Manuel María e o sociólogo Bernardo García Cendán. Achegarémonos á Casa Museo de Manuel María, Cruceiro do Trobo, Torre de Caldaloba e Vilalba donde poderemos ver o Museo de Arqueoloxía e Prehistoria e teremos unha lembranza do vilalbés e socio do clube Bernardo García Cendán.
Disfrutaremos do Espazo Natural dos ríos Ladra-Parga-Támoga (declarado LIC: Lugar de Interese Comunitario).
Saímos ás 10,00 horas.