O Club Cultutal Valle-Inclán, en colaboración coa Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña, programa o sexto ciclo de cine brasileiro no que se inclúen dúas películas pertencentes á última programación de NovoCine en España: Á beira do caminho, de Breno Silveira, director xa coñecido polos cinéfilos lucenses (2 Filhos de Francisco, Era Uma Vez...) e Serra Pelada, de Heitor Dhalia, na rexión do estado de Pará -Brasil- que se fixo famosa durante a década de 1980 por unha corrida do ouro moderna, ao transformarse na maior explotación de ouro a ceo aberto no mundo. Recoñecida tamén polas excelentes fotografías de Sebastião Salgado. Completan o ciclo dúas películas protagonizadas por mozos: Os 12 Trabalhos (inspirada en Os 12 traballos de Hércules) e Proibido proibir, con Alexandre Rodrigues -o famoso Buscapé de Cidade de Deus.
Programa
Día 16 de abril: Os 12 traballos, de Ricardo Elias.
Día 22 de abril: Proibido proibir, de Jorge Durán.
Día 28 de abril: Á beira do caminho, de Breno Silveira.
Día 6 de maio: Serra Pelada, de Heitor Dhalia.