Asturias. 08:00:00
Logo de facermos unha parada previa no Centro de Arte Contemporánea de Niemeyer en Avilés, iremos l ao Parque natural e arqueolóxico da Campa do Cabo Torres que domina Xixón, para visitar despois o conxunto das termas de Campo Valdés e os restos das murallas romanas de Cimadevilla. Tamén poderemos ver na xornada do domingo o curioso Museo do Ferrocarril e o etnográfico Museu del Pueblu d’Asturies, rematando a viaxe coa subida ata as sempre interesantes igrexas prerrománicas do Monte Naranco de Oviedo e a Vila romana de Veranes