Madrid - Alcalá de Henares. 08:00:00
Faremos a primeira viaxe do ano 2016 a Madrid e Alcalá de Henares. Ademais de facer parada na capital madrileña para ver o remodelado ‘Museo Arqueológico Nacional’ e outro centro máis descoñecido como é o de Artes Decorativas, iremos coñecer polo miúdo unha cidade Patrimonio da Humanidade, Alcalá de Henares: o conxunto histórico vinculado á Universidade do s. XVI, a Catedral Maxistral, as referencias cervantinas, as murallas, a área arqueolóxica da vella Complutum (o foro e a casa de Hippolitus) e o Museo Arqueolóxico Rexional, etc.