Casa do Saber (Vicerreitorado USC). 20:00:00
O Club Cultural Valle-Inclán cumple cincuenta anos. Con este motivo programamos unha conferencia que pronunciará Ricardo Gurriarán, historiador, escritor e director da sección de historia da Fundación 10 de Marzo, baixo o título O asociacionismo cultural en Galicia: Cultura e lingua como forma de resistencia na ditadura franquista.
Fará un repaso de asociacións culturais, como o Valle-Inclán de Lugo, que supuxeron espazos de liberdade e de profusión, difusión e rescate dos nosos sinais identitarios durante o longo período da ditadura: a cultura e a lingua galega.