Presentamos Tempo de Pedra, unha novela escrita por un psiquiatra, Ramón Area, publicada por Edicións Canela. Comeza cun feito real, o descubrimento dunha lápida no cemiterio de Conxo cunha misteriosa inscrición en alemán e viaxa rumbo á reconstrución da vida do finado.
Ramón Area traballou durante un longo período de tempo no Hospital Calde de Lugo e actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, Santiago de Compostela. Dende hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é, dente hai uns meses, o seu presidente. Autor de numerosos escritos sobre saúde mental así como de varios libros, dous deles presentados en Lugo polo Club Cultural Valle-Inclán.
Acompañarán ao autor Pablo Quintana, editor, Pilar Martínez Conde - Pilocha- e Felipe Arias Vilas, Vicepresidente do Club Cultural Valle-Inclán.