Casa do Saber (Vicerreitorado USC). 20:00:00
Continuando coa celebración do seu 50º aniversario, o C.C. Valle-Inclán organiza unha Mesa Redonda sobre A evolución de Lugo no último medio século: urbanismo e sociedade, para tratar aspectos urbanísticos e tamén culturais, económicos e sociais e que contará coa presenza dos arquitectos Anxo Carreira Montes e Santiago Catalán Tobía e da antropóloga social Elena Freire Paz. O debate será presentado e moderado por Felipe Arias e terá lugar o mércores 2 de marzo, ás 20 h. na Casa do Saber (Vicerreitorado da USC en Lugo).