Saída ás 9:30 h. da mañá (con parada técnica á altura da Barrela ou de Cambeo).
Previamente ao Concerto das 13 h., visita ao Mosteiro (con 2 claustros) e igrexa cisterciense (s. XII ó XVIII) de Montederramo.
Xantar no restaurante Casa Elvira de Montederramo.
Pola tarde, pequeno desvío para ver o antigo mosteiro de Xunqueira de Espadanedo (igrexa e restos do claustro, s. XII ó XVIII)), e posteriormente desvío en Esgos para achegarse a S. Pedro de Rocas (igrexa prerrománica e románica semi-rupestre, s. VI-XII, con tumbas antropomorfas e antigo mosteiro do s. XVIII).
Regreso a Lugo
O cuarteto de saxofóns Skirion foi formado no ano 2012 por catro xoves profesionais do saxofón coa idea e ilusión de interpretar e dar a conocer o extenso e variado repertorio que existe para esta formación. Unha das súas principais características é a mesma procedencia dos integrantes, Galicia, no Noroeste da península Ibérica, de ahí o nome de Skirion, en referencia ao deus grego dos ventos do Noroeste.
Programa:
Prelude (Suite No 2 para violonchelo ) – J. S. Bach
Prelude, Fugue et Variation – C. Franck
Coral: Zion hort die Wachter singen (Cantata No 147) – J. S. Bach
Coral e Fuga – J.S. Bach
Concerto de Brandemburgo nº6 (3º Movemento) – J. S. Bach
Concerto Italiano – J. S. Bach