Terras de Dozón e Deza. 09:00:00
Escollemos desta vez a nosa ruta polo interior da provincia de Pontevedra, a través das alturas montesías de Rodeiro e Dozón e polas amplas terras do val do Deza, principal afluente do Ulla. A pertinente parada técnica farase en Agolada e será breve aínda que, se alguén nunca o viu, pode botar unha rápida ollada á chamada Feira ou Mercado medieval. A Colección Etnográfica Casa do Patrón e o Pazo de Liñares, declarado BIC (Ben de Interese Cultural) en tempos recentes, son outros lugares de visita.