Ir o contido principal
Presentación do libro-DVD Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
Presentación do libro-DVD Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
Casa do Saber (Vicerreitorado USC). 20:00:00

Manuel María: eu son fala e terra desta miña terra é o nome deste novo proxecto de Margarita Ledo, editado pola produtora Nós. Por unha banda é un libro A propósito de Manuel con textos de Miguel Anxo Fernán Vello, Paulino Pereiro, Carme Vidal, Darío Xohán Cabana e Margarita Ledo e pola outra, un documental en formato DVD onde, a partires da voz do propio Manuel María, fai unha homenaxe a Manuel, ao seu contorno máis próximo, á súa extensa obra e ao seu activismo político. Se algo transmite Margarita Ledo nas verbas que lle adica no libro e tamén no documental que fai é a amizade que lle uniu ao coñecido como “poeta da terra”.