O Club Cultural Valle-Inclán inicióu a súa andaina cinematográfica o día 4 de marzo de 1966 coa proxección do filme Les parapluies de Cherburgo, de Jacques Demy, acto que tivo lugar no Cine España, en sesión de 20:00 horas. Hoxe queremos rememorar aquel momento e programamos de novo a mesma película coincidindo coa data, 4 de marzo, 50 anos despois. Terá lugar no Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, ás 20:00 horas.
Daquela houbo que recoller na Estación de RENFE un pesado fardo coas bobinas de 35 mm. Hoxe, coa colaboración do Instituto Francés, pasarémola por medios informáticos en HD e descargada da plataforma do seu servicio cultural de cine.
Fará a introducción da película Bárbara Santos Mato, Doutora pola Universidade de Compostela coa tese de investigación Jacques Demy: Una necesaria recuperación en el cine francés. Axudante de organización do Festival de Cine Cineuropa de Santiago de Compostela, Ayudante de Xefe do Ciclo Zinemaldia do Festival de Cine de San Sebastián en varias edicións, ten participado en numerosos congresos e publicado un importante traballo sobre a figura de Jacques Demy.
Será o inicio dun ciclo de cinema clásico francés con outras dúas películas:
Día 14 de marzo: Jour de fête, de Jacques Tati, 1948.
Día 30 de marzo: Le mépris de Jean-Luc Godard, 1963.