Iniciaremos a viaxe pola moi culta e amurallada vila de Urueña, coa igrexa románica de Sta. Mª da Anunciada ó seu pé, e pasaremos logo pola histórica vila de Tordesillas para chegar a Valladolid. A vella capital castelá ofrécenos o reputado Museo de Escultura no Colexio de S. Gregorio e igrexa de S. Pablo, o interesante Museo Arqueolóxico, a Catedral barroca e neoclásica, o antigo convento de S. Benito, a medieval Sta. Mª Antigua, os edificios da Praza Maior, a Universidade ou o Coelxio de Sta. Cruz e mesmo as casas de Colón, Cervantes e Zorrilla. Tamén veremos o orixinal templo prerrománico de Wamba, xa camiño de Medina de Rioseco e as súas murallas, a vella fábrica fariñeira e as monumentais igrexas de Santiago, Sta. María ou S. Francisco.