Ir o contido principal
Viaxe ás cidades de Cuenca do 5 ao 8 de maio de 2016
Viaxe ás cidades de Cuenca do 5 ao 8 de maio de 2016
Cuenca. 08:00:00

Viaxamos a Cuenca co seguinte programa previsto: Logo de xantar no entorno de Madrid, facemos parada na vila de Uclés para chegar a durmir en Cuenca, onde nos agarda o seu conxunto histórico vinculado a unha singular paisaxe exemplificado nas fouces do río Huécar e nas Casas Colgadas, ademais da Catedral e de varios museos de interese. Completamos a viaxe visitando as paraxes naturais da “Ciudad Encantada” , as Torcas de Mohorte e as Lagoas da Cañada del Hoyo, rematando o domingo na cidade romana e visigoda de Segóbriga (Saelices).