O profesor Camilo Gómez Torres seguirá un guión cronolóxico na súa conferencia mesturando vida e creación literaria dividida en cinco etapas.
Camilo Gómez Torres é licenciado en Filosofía e Letras (Sección de Filoloxía Románica, Subsección Hispánica) pola Universidad Central de Barcelona coa tese "Achegamento á poesía de Manuel María". Doutor en Filoloxía Hispánica (sección de Galego-Portugués) coa tese "Manuel María: poesía, traballo lingüístico e traballo cultural”. Foi profesor de ensino secundario no Instituto de Bachillerato "Lucus Augusti" de Lugo
Autor teatral. Ten colaborado en varios volumes colectivos. É autor de numerosos estudios de literatura –moitos deles sobre Manuel María- así como de manuais e edicións de antoloxías.
Autor do libro titulado: "Manuel María: os traballos e os días".
Realizou traballos de dirección teatral, vídeo y colaboracións periodísticas en El Progreso e La Voz de Galicia.
Foi presidente do Club Cultural Valle-Inclán.