Ir o contido principal
A Seara, de Pepe Coira, a historia dun fracaso. Ou dun éxito. Ou dun fracaso que mereceu a pena.
A Seara, de Pepe Coira, a historia dun fracaso. Ou dun éxito. Ou dun fracaso que mereceu a pena.
Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. 20:00:00

Na Seara do Courel houbo un proxecto de rehabilitación para facer máis atractiva turisticamente a aldea. Para levalo a cabo, era imprescindible a complicidade dos veciños. Anos despois, os arquitectos rememoran aquela experiencia, os desexos cumpridos e incumpridos, os acordos e desacordos, as dificultades e logros daquel proceso que os marcou e que marcou a vida da Seara.
Tras a proxección terá lugar un coloquio co director, Pepe Coira,  e os arquitectos responsables da rehabilitación.