Ir o contido principal
Arredor de Manuel María: política, cultura e teatro en Lugo nos setenta. Mesa redonda con Camilo Valdehorras e Manuel Lourenzo
Arredor de Manuel María: política, cultura e teatro en Lugo nos setenta. Mesa redonda con Camilo Valdehorras e Manuel Lourenzo
Casa do Saber (Vicerreitorado USC). 20:00:00

Organizamos unha mesa redonda en colaboración coa Asociación IV Ciclo Universitario USC (Campus de Lugo) para festexar as Letras Galegas e a Manuel María facendo unha análise do teatro nos anos setenta do pasado século. Manuel Lourenzo  falará do contexto do teatro galego na década dos setenta, dende a perspectiva histórica, literaria e artística... cun rápido encadre da dramaturxia do Manuel María.
Camilo Valdehorras falará, máis polo miúdo, da actividade teatral en Lugo neses anos setenta. En especial da súa experiencia como director de varios grupos amadores (Colexios Menores, "Urogalo" da Pontenova e "Galicia canta ao Neno"...). E sobre todo como codirector (con Carlos Varela) e actor no Grupo de Teatro do Club Cultural Valle-Inclán, pondo de relevo a obra do Manuel María e as achegas dos demais coparticiples intelectuais e artísticos (Carlos Varela e o documental galego nacente; Lois Diéguez e a liña dura da UPG-ANPG; Mini e Fuxan os Ventos; o Mago Antón e a ventriloquía, os actores - "militantes",  etc) daquel proxecto de Teatro.
Foto: Casa Museo Manuel María