No marco da exposición As Vidas da auga de Médicos Sen Fronteiras, en colaboración coa fundación We Are Water e con fotografías de Juan Carlos Tomasi, o Club Cultural Valle-Inclán proxecta También la lluvia, de Icíar Bollaín, e por deferencia de Morena Films.
Médicos Sen Fronteiras inaugurou o pasado luns, 26 de setembro, a exposición As vidas da auga que permanecerá aberta ata o 27 de outubro na sé de Afundación. Esta exposición narra a través de 27 fotografías de Juan Carlos Tomasi, a importancia deste elemento en Níxer: a auga marca o día día de toda unha poboación.
Non marco desta exposición, o Club Cultural Valle-Inclán colabora con Médicos sen Fronteiras para mostrar como, ao igual que no Níxer, en moitas partes do mundo as diferentes vidas da auga determinan o destino de milleiros de persoas.
Faino organizando a proxección da película También la lluvia, de Icíar Bollaín. Narra a loita do pobo boliviano contra unha multinacional estadounidense que quería subir de xeito desproporcionado o prezo da auga, un ben público e esencial para a poboación.
Mónica Álvarez, expatriada lucense de Médicos sen Fronteiras estará presente para explicar a importancia da auga en países como Níxer, como a súa falla ou a súa mala calidade poden ter consecuencias graves na vida de moitas persoas.
Foto: Juan Carlos Tomasi/MSF