Ir o contido principal
Javier Arias Bal presenta o documental Africa The Beat
Javier Arias Bal presenta o documental Africa The Beat
Casa do Saber (Vicerreitorado). 20:00:00

Presentación de Africa The Beat. Vida e música dos wagogo de Tanzania.
Documental baseado nun traballo de investigación de Polo Vallejo. Dirixido por SAMAKI WANNE Collective (por orde alfabético: Javier Arias Bal, Polo Vallejo, Pablo Veiga e Manuel Velasco).
Fará a presentación Javier Arias Bal (Lugo, 1964).
O seu mestre foi David do Porto. Como compositor estreou obras en multitude de países,  sobre todo de Europa e América. Como musicólogo publicou dous libros e numerosos artigos en revistas de música, poesía, arte arquitectura e en discos. É profesor de música nun instituto estatal e colaborou en varios proxectos pedagóxicos tanto nacionais como internacionais e deu clases en numerosas universidades. É inventor dun Sistema de Espacialización da Música en Vivo. No libro Música Presente(2006), Perspectivas para a música do século XXI, de Andrew Ford e José Luís Téllez, o primeiro di da súa obra Cantigas de Martín Códax: “O que se oe é unha escritura de conxunto excepcionalmente florida - tan ornamentada como un manuscrito medieval ricamente iluminado- na que as liñas vocais se engastan como xoias”.