A serie documental Shoots from Abyssinia pretende por en valor, mostrar e demostrar que a súa terra, Etiopía, está lonxe de tipos e estereotipos que se asentaron durante moito, demasiado tempo, no descoñecemento, na xeneralización e nos prexuízos das xentes de Europa sobre o grande e variado continente que é África. Mostrar as particularidades de cada país africano, de cada nación, de cada etnia, e por de manifesto a inmensa variedade agochada tras dun nome. Pero se o basto e amplo continente africano é descoñecido, Etiopía alcanza un maior grao se cabe, nese descoñecemento.
E hoxe, despois dun éxodo encuberto e silencioso de meniños que atoparon familia en Europa e América, é necesario que se sintan orgullosos da terra que os viu nacer.