O Club Cultural Valle-Inclán e Médicos Sen Fronteiras proxectan o filme Affliction. Participarán na presentación e coloquio Mónica Álvarez, Álvarez, enfermeira expatriada de MSF, e a Dra. Mª José García Pais, da Unidade de Patoloxía Infecciosa do HULA.
No 2014, África occidental sufre a peor epidemia de Ébola da historia. Médicos sin Fronteras, en primeira liña da batalla desde que estalou o brote, leva meses pedindo axuda, pero a resposta internacional non chega: o mundo mira para outro lado mentres a xente morre ás portas dos atestados centros de tratamento.
O documental Aflicción, dirixido por Peter Casaer, narra a loita contra a epidemia desde dentro, desde os hospitais, os pobos e as vivendas, para render homenaxe ás persoas que se enfrontaron ao Ébola, ás que se salvaron e ás que non o conseguiron.