Programamos unha Semana de Cine do Brasil coa proxección dunha escolma de filmes que nos achegarán á sétima arte deste país. De novo contamos coa colaboración da Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña.
Desenvolverase na semana do 13 ao 17 de marzo de 2017, no Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial, en sesión única de 19,30 h, de acordo co seguinte programa:
* Día 13, luns: Central do Brasil, de Walter Salles.
* Día 14, martes: O dia da caça, de Alberto Graça.
* Día 15, mércores: Vinicius de Moraes, de Miguel Faria Jr. Documental.
* Día 16, xoves: O mundo en duas voltas, de David Schurmann. Documental.
* Día 17, venres: Jonas, de Lô Politi.
Todas as películas en versión orixinal con subtítulos en castelán.
Máis información en Cine - Programación