Ir o contido principal
Ciclo de Cine Ruso, en colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura de Madrid
Ciclo de Cine Ruso, en colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura de Madrid
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. 19:30:00

O Club Cultural Valle-Inclán inicia o ano cinematográfico cun “Ciclo de Cine Ruso”, en colaboración co Centro Ruso de Ciencia e Cultura de Madrid, de acordo co seguinte programa:
* Luns, 15 de xaneiro: Cando pasan as cegoñas, de Mikhail  Kalatozov. Festival de  Cannes 1958: Palma de Ouro.
* Luns, 22 de xaneiro: A balada do soldado, de Grigori  Chukhrai.
Festival de  Cannes 1960: Premio Especial do Xurado. Premios  BAFTA 1961: Mellor Película.
* Luns, 29 de xaneiro: Unha peza inacabada para piano mecánico, de Nikita Mikhalkov.
Festival de San Sebastián 1977: Concha de Ouro.
* Luns, 5 de febreiro: Moscova non cre nas bágoas, de Vladimir  Menshov.  Óscar 1980: Mellor Película de fala non inglesa.
Proxeccións no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial.
Sesión de 19:30 horas.
VOSE