Presentacmos o poemario de Jorge Arbeleche Peregrino, publicado por Ediciones Vitruvio en Madrid.
Segundo premio do Nacional de Poesía de Uruguai na categoría de obra inédita no ano 2015. Jorge Arbeleche (Montevideo, 23 de outubro de 1943) poeta, ensaísta, crítico literario e profesor de literatura uruguaio. En 1999 recibiu o Premio Nacional de Literatura de Uruguai. É membro de número da Academia Nacional de Letras do Uruguai e socio fundador da Casa de los Escritores do Uruguai. Membro correspondente da Real Academia Galega. Nos seus primieiros anos de autor dedicou unha parte da súa vida académica ao estudio e recuperación da obra e imaxe de Juana de Ibarbourou.
Acompañará ao autor Héctor Acebo, poeta e xornalista, actualmente na redacción central de El Progreso.