Ir o contido principal
Visita guiada que organiza o Concello ourensán de Boborás para coñecer unha parte da comarca do val do río Arenteiro
Visita guiada que organiza o Concello ourensán de Boborás para coñecer unha parte da comarca do val do río Arenteiro
Concello de Boborás. 08:00:00

Aproveitamos nesta ocasión un programa de visitas guiadas que organiza o Concello ourensán de Boborás para coñecer unha parte da comarca do val do río Arenteiro, que tamén baña o lindeiro concello do Carballiño.
Visitas á igrexa románica de S. Xulián de Astureses, carballeira de S. Mamede de Moldes e igrexa vella, outro moi bo exemplar do románico rural, parroquia carballinesa de Sta. Eulalia ou Baia de Banga,  tratando de ver o exterior do seu Pazo dos Quiroga, no que viviu unha tempada, por razóns de casamento, Emilia Pardo Bazán.  Pecharemos a tarde cunha demorada visita guiada, outra vez no concello de Boborás, o Conxunto histórico-artístico (declarado como tal en 1973) de Pazos de Arenteiro que, coma indica o seu nome, ofrece varias mostras de arquitectura pacega dos s. XVI ó XIX.