O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas 2019, dedicadas este ano a homenaxear a Antonio Fraguas Fraguas, de acordo co seguinte programa:
* Luns, día 14 de outubro.- Conferencia de Francisco Calo Lourido, arqueólogo e etnógrafo. Profesor de Historia, Xubilado.
* Xoves, día 17 de outubro.- Mesa redonda na que serán relatores:
Xosé Carlos Sierra, museólogo e Patrono do Museo do Pobo Galego.
Francisco Rodríguez Lestegás, xeógrafo e Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Facultade de Formación do Profesorado da USC.
Elena Freire Paz, profesora de Antropoloxía da Facultade de Humanidades da USC.
Xulián Parga Rodríguez, antigo alumno.
Os dous actos serán presentados por Felipe Arias Vilas, vicepresidente do Valle-Inclán.
Salón de actos da Casa do Saber: 20:00 horas.
Entrada libre.
O domingo, día 20 de outubro, os socios do club viaxarán pola Terra de Montes lembrando a D. Antonio.
Como cada ano edítase un marcador de libros.
Para a realización destas actividades contamos cunha subvención da Excma. Deputación Provincial de Lugo.