Ir o contido principal
Catro películas  nunha mostra de cine francés
Catro películas  nunha mostra de cine francés
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. 19:30:00

O Club Cultural Valle-Inclán, en colaboración co Instituto Francés, programa  unha pequena mostra do cine feito en Francia, no que se recolle un documental de Agnès Varda sobre o seu compañeiro, Jacques Demy, o cine negro de Jean-Pierre Melville, a testemuña da I Guerra Mundial  de Bertrand Tavernier e un triángulo amoroso de Claude Sautet. As catro películas en VOSE. 
* Día 22 de novembro: Jacquot de Nantes.- Agnès Varda  - 1991 – 118 min
* Día 2 de decembro: Bob le flambeur.- JP Melville – 1955 – 101 min 
* Día 9 de decembro: La vie et rien d`autre.- Bertrand Tavernier.-1989 – 135 min 
* Día 13 de decembro: César et Rosalie.- Claude Sautet – 1972 – 105 min
Poderá verse no Salón de Actos da Deputación Provincial, en sesión de 19:30 horas.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.