Abrimos o ano cinematográfico de 2020 cun ciclo dedicado ao Novocine brasileiro e unha nova entrega de filmes, neste caso da XIII edición presentada no pasado mes de novembro en Madrid.
Para a súa programación contamos, como en outros anos, coa colaboración da Embaixada de Brasil e a Fundación Cultural Hispano Brasileña.
Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
* Día 22 de xaneiro: Todas as canções de amor, de Joana Mariani.
* Día 29 de xaneiro: 10 segundos para vencer, de José Alverenga Jr.
* Día 5 de febrero: Sócrates, de Alexandre Moratto.
* Día 12 de febrero: Fala sério, mãe!, de Pedro Vasconcelos.
* Día 19 de febreiro: Fevereiros, de Marcio Debellian.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.