Novas Sesións de Filmoteca no mes de novembro, actividade que desenvolve o Club Cultural Valle-Inclán en colaboración co CGAI –Filmoteca de Galicia-.
* Día 6 de novembro: Gallo, documental de Antonio Díaz Huerta que segue ao surfista Aitor Francesena polas praias de Galicia, do País Vasco e de California. Discapacidade e retos.
* Día 13 de novembro: Tiempos modernos, de Charles Chaplin. loita por sobrevivir nunha sociedade industrial moderna.
* Día 20 de novembro: Tres caras, de Jafar Panahi. A chamada de auxilio dunha rapaza de provincias cuxa familia quere impedirlle que siga estudando no Conservatorio de Teherán. Festival de Cannes 2018: Mellor guión (ex aequo).
Cada mércores, no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas.