Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado). 19:30:00
Tres novas proxeccións pecharán as "Sesións de Filmoteca" do ano 2019, unha programación do Club Cultural Valle-Inclán que realiza en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- Filmoteca de Galicia.
Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
* Día 27 de novembro: La caza, de Carlos Saura, España, 1966. Oso de Prata á mellor dirección no Festival Internacional de Cine de Berlín do ano 1966.VOE
* Día 4 de decembro: Un violent désir de bonheur, de Clément Schneider. Francia, 2018, VOSE
* Día 11 de decembro: Suburban birds, de Qiu Sheng. China, 2018. VOSE
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 19:30 horas.