O Club Cultural Valle-Inclán retoma as actividades de 2020 coa programación de “Sesións de Filmoteca”, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI- Filmoteca de Galicia, de acordo co seguinte programa:
* Día 07 de outubro: Not wanted, Ida Lupino asume este proxecto por enfermidade do director inicial, Elmer Clifton. Melodrama de 1949. VOSG
* Día 14 de outubro: Os fillos da vide, Documental de Ana Domínguez. 2019. Os ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo. VOG
* Día 21 de outubro: El bígamo, de Ida Lupino, 1953. Drama coa propia Ida Lupino e Joan Fontaine. VOSG.
* Día 28: Curtas de Alice Guy-Blaché. 1911/1919. Cine mudo.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 20:00 horas.
Debido a necesaria protección contra o Covid-19 o aforo e limitado polo que, de momento, ás proxección estarán reservadas a socios do club e comun idade universitaria.
É preciso reservar entrada con antelación enviando correo electrónico a cultura.lugo@USC.es indicando nome e nº de DNI.