Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. 20:00:00
O Club Cultural Valle-Inclán programa un novo ciclo de “Sesións de Filmoteca”, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe –CGAI- Filmoteca de Galicia. Desenvolverase no mes de novembro de acordo co seguinte programa:
* Día 4 de novembro: The Blot, de Phillips Smalley. Muda
* Día 11 de novembro: La familia Samuni, de Stefano Savona. VOSG
* Día 18 de novembro: No creas que voy a gritar, de Frank Beauvais. VOSG
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado, en sesión de 20:00 horas.
É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de tfno.