O Club Cultural Valle-Inclán programa o ciclo de cine ”Tres directoras cine documental”. Desenvolverse no mes de xuño de acordo co seguinte programa:
* Día 7: Honeyland, de Tamara Kotevska, Macedonia do Norte, 2019. VOSE.
Ante os problemas técnicos que tivemos para proxectar no Salón de Actos da Deputación Provincial, O Valle-Inclán acorda programar as dúas películas que restan do ciclo na Sala da Casa do Saber.
A diferencia de aforo entre salas obriga a facer dous pases de cada un dos títulos.
* Días 14 e 17: Las cinéphilas, de María Álvarez, Arxentina, 2017. VOE. Previamente recuperaranse os 20 últimos minutos da Honeyland imposible ver o luns, día 7 de xuño.
* Días 21 e 22: El amor y la muerte. Historia de Enrique Granados, de Arantxa Aguirre, España, 2018. VOE. Con este filme celebraremos o” Día Europeo da Música”.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. Sesión de 19:30 horas.
Aforo limitado. É preciso reservar entrada no correo clubvalleinclan@hotmail.com no que conste nome, apelidos e DNI.