Ir o contido principal
Festexamos a Xela Arias nas Letras Galegas cunha conferencia de Mª Xesús Nogueira
Festexamos a Xela Arias nas Letras Galegas cunha conferencia de Mª Xesús Nogueira
Salón de Actos do Vello Cárcere. 20:00:00

Busco a vida entre papeis. Achegamento á vida e á obra de Xela Arias” é o título da conferencia que pronunciará a profesora e escritora Mª Xesús Nogueira nun acto organizado polo Club Cultural Valle-Inclán en homenaxe á protagonista das Letras Galegas neste 2021.
Mª Xesús Nogueira é Douora en Filoloxía Galega pola Univerrsidade de Santiago de Compostela, agora profesora na mesma Universidade. Foi profesora no Campus de Lugo. Escritora, ensaísta, editora. Autora de “Xela Arias, poesía reunida” (Xerais, 2018) e “Xela Arias. A literatura e a vida, por elección: Día das Letras Galegas 2021”, do que foi coordinadora, editado pola USC.
Entrada libre. Invítase ás persoas interesadas no tema.