Ir o contido principal
O Club Cultural Valle-Inclán rende homenaxe á Sociedad Filarmónica de Lugo no 75 aniversario da súa fundación.
O Club Cultural Valle-Inclán rende homenaxe á Sociedad Filarmónica de Lugo no 75 aniversario da súa fundación.
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. 18:00:00

O Club Cultural Valle-Inclán únese á Sociedad Filarmónica de Lugo, que celebra os 75 anos da súa fundación, e réndelle homenaxe coa proxección de dous documentais.
* Día 16 de febreiro:  Manuel Quiroga. Dirección, Sandra Sánchez. Guión, Sandra Sánchez, Daniela Arias-Andreu, Pepe Coira. Documental.  (2015)
Galicia. 62 min. VOG.
Presenta, Pepe Coira.
Achegámonos á figura do Maestro Quiroga ante a actuación en Lugo do “Cuarteto Quiroga”, que o honra tomando o seu nome, en concerto organizado pola Sociedad Filarmónica de Lugo e que se celebrará o sábado, día 19 de febreiro, no Círculo das Artes.
* Día 23 de febreiro: Os tomates escoitan a Wagner. Dirección, Marianna Economou. Documental. (2019) Grecia. 72 min. VOSE.
Música clásica para escoitar non só na sala de concertos ou no salón da casa. Unha historia entrañable sobre o poder das relacións humanas e a importancia de reinventarse en época de crise, coa axuda da música de Wagner e outros clásicos.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.  Máscara obrigatoria.