O Club Cultural Valle-Inclán colabora coa Asociación Cultural Ánxel Casal de Arzúa na presentación da exposición “Ánxel Casal, 125 anos con nós” que se poderá ver no Vello Cárcere de Lugo entre o 12 de febreiro e o 15 de marzo de 2022, en horario oficial.
O espírito de este proxecto é chegar ao maior número de poboación posible e, sobre todo, dar a coñecer a figura de Ánxel Casal e María Miramontes.
A mostra forma parte da campaña que a Asociación Cultural Ánxel Casal está a levar a cabo para que Casal sexa homenaxeado no día das Letras Galegas e darlle o recoñecemento que se merece como a persoa impulsora do libro galego de seu. É parte dun proxecto que quere facer chegar a importancia de Ánxel Casal nos eidos da cultura, da política e o seu compromiso cunha Galiza nova e dona de si mesma a todos os recantos do país.
Completará a exposición a proxección de un documental que será presentado polo comisario da mostra, Xan Leira, no Salón de Actos do Vello Cárcere, o día 3 de marzo, ás 20:00 horas.
Entrada libre e de balde.