Salón Actos Vello Cárcere. 19:30:00
Dentro da campaña reivindicativa da conservación e protección da Torre de Caldaloba ou Vilaxoán (Pino, Cospeito), apoiada por unha vintena de asociacións e entidades lucenses, o venres 11 de marzo de 2022 ás 19.30 h. terá lugar no centro cultural do Cárcere Vello de Lugo a presentación do libro Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte, de Antón Meilán, mindoniense e profesor emérito da Universidade de Oviedo, que analiza e describe os episodios históricos sobrevidos a raíz da morte do Mariscal Pardo de Cela e a imposición en Galicia dos reis de Castela.