Ir o contido principal
Programamos por primeira vez Cine Rojava en colaboración coa Comuna de Cine de Rojava
Programamos por primeira vez Cine Rojava en colaboración coa Comuna de Cine de Rojava
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. 18:00:00

 A Comuna de Cine de Rojava (Komîna Fîlm a Rojava) é un colectivo creado no 2015 por cineastas locais e partidarios da revolución en Rojava, no norte de Siria, centrado na educación, produción e exhibición cinematográfica.
A comuna xestiona a Academia de Cine de Rojava para novos cineastas, guionistas, editores e outros profesionais do cine na rexión e organiza o Festival de Cinema de Rojava, destinado a achegar o cinema ao público local, así como a crear oportunidades para cineastas locais e pontes con creadores internacionais.
Os filmes producidos pola comuna foron proxectados en festivais de todo o mundo, entre eles o International Film Festival de Rotterdam.
Rewend -cine itinerante- ten como obxectivo aumentar as oportunidades para o cinema curdo cun evento que establecerá unha rede de distribución, comezando cunha xira a partir de xaneiro de 2022.

En dous día desenvolverase o seguinte programa en VOSE:
* Día 30 de marzo: Berfin, de Özlem Arzeba. 2019 -73 min
* Día 6 de abril: Curtas, Fogar, Despois da guerra, Sombras das montañas Curdas e Amor en tempo de xenocidio.
Salón de Actos da Casa do Saber, 18:00 horas.
Entrada libre e de balde.