Durante os duros anos da postguerra, nunha zona rural de Cataluña, un neno chamado Andreu, a familia do cal pertence ao bando dos perdedores, atopa un día no bosque os cadáveres dun home e o seu fillo. As autoridades sospeitan do seu pai, pero Andreu intentará atopar o culpable. Nestas circunstancias, prodúcese en Andreu o espertar dunha conciencia moral que se opón á mentira como instrumento do mundo dos adultos.
O Club Cultural Valle-Inclán colaborou coa Fundación Vicente Risco para a tradución e dición en lingua galega da novela Pa negre, de Emili Teixidor así como para a inserción dos subtítulos na nosa lingua.
Versión orixinal con subtítulos en galego. Filme presentado por Eduard del Castillo, tradutor.
2010: Festival de San Sebastian: Mellor actriz (Nora Navas).
2010: 9 Premios Goya, incluíndo Mellor película, director e actriz. 14 nominacións.
2010: 14 Premios Gaudí, incluíndo Mellor película en lingua catalá, director e actriz.