Ir o contido principal
"Cine do mundo -Semana 2022-"
"Cine do mundo -Semana 2022-"

 Club Cultural Valle-Inclán inicia as actividades cinematográficas do derradeiro trimestre de 2022 coa programación de unha semana de cine con catro películas procedentes de outros tantos países. As proxeccións terán lugar no Salón de Actos do Vello Cárcere, en sesión de 19.30 horas. Entrada libre e de balde, ata completar aforo. Desenvolverase de acordo co seguinte programa:

* Día 17 de outubro: After love, de Aleem Khan, Reino Unido, 2020. 89 min. VOSE

* Día 18 de outubro: A vida  invisível de  Eurídice Gusmão, de Karim  Aïnouz, Brasil, 2019. 139 min. VOSE.

* Día 20 de outubro: Corpus Christi, de Jan  Komasa, Polonia, 2019. 116 min. VOSE.

* Día 23 de outubro: Mass, de Fran Kranz, USA, 2021. 110 min. VOSE.