Ir o contido principal
Viaxe 272: Por Sobrado dos Monxes e Friol
Viaxe 272: Por Sobrado dos Monxes e Friol

O domingo, 27 de novembro, viaxamos polas terras de Sobrado e Friol, para ver primeiro o campamento lexionario romano da Cidadela, parcialmente escavado, e visitar logo o monumental e extenso mosteiro cisterciense de Sobrado dos Monxes, unha xoia do barroco galego coa súa igrexa e os tres claustros, rematando a viaxe no Museo Etnográfico e Histórico da Torre de S. Paio de Narla onde se recrea a parte nobre coa parte traballadora da sociedade rural medieval e moderna.