Viaxe 274, Domingo 26 febreiro de 2023. 10:00 horas. Viaxamos desde as terras chairas de Xermade, onde veremos o orixinal cruceiro do Cristo enxoito, e de Roupar coa súa Escola Habaneira, cruceiros e igrexa con torre exenta, ata subir logo ás alturas preto da Gañidoira e pola Serra da Carba para chegar ó núcleo de Muras coa súa vizosa paraxe da Área recreativa da Veiga, cruzada polo curso alto do río Eume. Pecharemos a viaxe en Viveiró, lugar de bos xantares e de espléndidas paisaxes.