Ir o contido principal
Presentación do libro "A Historia de España baseouse en falacias" de Francisco Calo Louriodo
Presentación do libro "A Historia de España baseouse en falacias" de Francisco Calo Louriodo

Presentación do último libro de Francisco Calo Lourido titulado A Historia de España baseouse en falacias, publicado por Xerais. O autor é arqueólogo, historiador e antropólogo, catedrático xubilado de ensino secundario e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, e ten unha longa traxectoria de investigador e escritor. Coma noutros casos, Francisco Calo apoia os seus traballos na análise demorada e rigorosa das fontes bibliográficas e da historiografía anterior, que peneira con afán científico e crítico para comprender mellor a evolución histórica de calquera comunidade territorial e das súas xentes. Nesta ocasión, Calo razoa e documenta con rigor porque no caso español non se debe falar de Reconquista, nin de Imperio nin de Estado ata o s. XVIII, nin de Nación ata o XIX.

Coa colaboración do Club Cultural Valle-Inclán.

Día 27 de febrero de 2023, en O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.