Ir o contido principal
Kobane
Kobane

Estrea en Galicia da película Kobane, coprodución hispano-kurda. Segunda longametraxe producida desde o Nordeste de Siria. Baixo unha situación de guerra constante. Unha película de ficción, rodada nos lugares reais onde sucedeu a historia, ademáis de ser actores moitas das persoas que participaron nos feitos reais.

A película Kobane conta a heroica resistencia de Kobane fronte ao Estado Islamico.En 2014 o apoxeo da súa forza, co control da metade de Siria e Iraq, o estado islamico avanza implacablemente cara á cidade siria kurda de Kobanê.

Zehra, unha muller kurda de 32 anos, é membro das forzas que loitan para mantelos afastados. Pero a pesar dos seus incansables esforzos, ISIS segue avanzando cunha forza brutal.

Trátase da ópera prima da directora de orixe kurda *Özlem Arzêba, a película é unha produción independente da Comuna de Cinema de Rojava, un colectivo de novos cineastas kurdos que se organizaron para contar as súas propias historias, e quen entende o cinema como unha ferramenta de expresión necesaria para toda unha comunidade. Foi autofinanciada co esforzo de miles de novos cineastas, rodada integramente en Kobanê, o Norte de Siria, a poucos metros das bombas e protagonizada pola mesma xente que sobreviviu ao asedio de Kobane.

Mércores, día 22 de marzo. Salón de Actos da Casa do Saber (Pazo Montenegro), sesión de 19:30h.

Entrada libre e de balde. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.