O C. Cultural Valle-Inclán participa das actividades programadas polo Museo do Pobo Galego en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Cultura) para conmemorar o Centenario do Seminario de Estudos Galegos, fundado en 1923, e programa unha conferencia do historiador, arqueólogo e antropólogo Francisco Calo Lourido sobre o tema “A significación histórica e cultural do Seminario de Estudos Galegos na Galicia do século XX”,
A breve pero intensa existencia do S.E.G. entre outubro de 1923 e xullo de 1936 marcou claramente, xunto coa Xeración Nós, un antes e un despois no devir da cultura galega, enchendo un espazo ata entón inédito, que nas décadas posteriores foi asumido e mesmo replicado noutras institucións.
Día 28 de marzo de 2023, Salón de Actos de Centro Cultural O Vello Cárcere, 19:30 horas.