Ir o contido principal
Sesións de Filmoteca abril 2023. Retrospectiva Abbas Kiarostami
Sesións de Filmoteca abril 2023. Retrospectiva Abbas Kiarostami

O Club Cultural Valle-Inclán inicia a programación das Sesións de Filmoteca do ano 2023 que se desenvolven en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais,

O mes de abril estará dedicado a unha retrospectiva do director de cine, guionista, produtor e fotógrafo iraní Abbas Kiarostami cun pequeno ciclo no que poderemos ver dúas películas. VOSE.

Día 19 de abril: ¿Dónde está la casa de mi amigo? (1985)

Día 26 de abril: El viento nos llevará. (1999). Gran Premio do Xurado. Premio Fipresci da Crítica Internacional no Festival de Venecia de 1999 e Nominada á Mellor película estranxeira pola Asociación de Críticos de Chicago do ano 2000.

Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.