O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas nas Sesións de Filmoteca.
* Día 3 de maio: Mudar de vida, de Paulo Rocha, en versión orixinal en portugués con subtítulos en galego.
Coescrita xunto a António Reis (e inspirada nos traballos de Manoel de Oliveira), é unha película cativadora, iluminada pola presenza de Isabel Ruth e a autenticidade dos pescadores locais.
Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas.
* Día 10 de maio: cine galego do que son protagonistas os lugueses Margarita Ledo Andión e Miro Casabella.
* Parolar cun eu, de Xixela Franco- Margarita Ledo. Ano 2021. 20 min. VOG
De balde
Unha muller desprázase por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez.
De balde.
* Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella, de Federico A. Rioboo. Ano 2022. 60 min. VOG
A aula de zanfona de Escolas da Terra de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago.
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 horas.
En colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa AGADIC.