Programamos unha retrospectiva con dúas películas da cineasta húngara Márta Mészáros.
Día 24 de maio: A rapariga, (1968) – 84 min. VOSG. Primeira película húngara dirixida por unha muller. Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine de Valladolid.
Día 31 de maio: Adopción (1975) – 89 min. VOSG. Oso de Ouro do Festival Internacional de Cine de Berlín. Primeira cineasta en recibir tal galardón.
Márta Mészáros, da xeración de Agnès Varda, Liliana Cavani e outras cineastas europeas da década dos sesenta do século pasado, interesouse pola situación da muller no seu país e tena como protagonista de toda a súa obra, mostra delo son as dúas películas que proxectamos en “Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio asinado coa AGADIC.
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión de 19:30 h.