Kinuyo Tanaka (1909-1977) é unha das grandes figuras do cine xaponés. Unha actriz moi precoz que debutou no estudio de cine xaponés Shochiku con só 14 anos e converteuse nun rostro habitual nas películas dos grandes directores clásicos xaponeses: Mikio Naruse, Yasujiro Ozu ou Kenji Mizoguchi, entre outros. A súa filmografía intégrana máis de 200 filmes. Mizoguchi diríxea en 15 películas, con dous dos seus papeis máis coñecidos: Vida de Oharu (1952) e Cuentos de la luna pálida (1953). Ese mesmo ano Tanaka dará o salto ao outro lado da cámara con Koibumi (Love Letter, 1953), que se estreará no Festival de Cannes. Tanaka realizará outras cinco películas nos dez años seguintes, algo pouco habitual para unha muller en aqueles tempos (anos cincuenta) tanto no contexto do cine xaponés coma do mundial. Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
* Día 15 de novembro: Las hermanas Munekate, de Yasujiro Ozu. 1950. 112 min (actriz).
* Día 22 de novembro: The moon has risen (La luna se levanta), 1955. 102 min (directora).
* Día 29 de novembro: Girls of the Night (La noche de las mujeres). 1961. 93 min (directora).
En colaboración coa Filmoteca de Galicia, segundo convenio asinado coa AGADIC. VOSG
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30.